sábado, 14 de abril de 2012

" O TITANIC "





Esta semana o barco máis famoso do mundo volve a ser noticia, o que ocorre é que hai 100 anos que o Titanic zarpou rumbo a Nova York . Foi o 10 de abril de 1912, dende o porto de Southampton en Reino Unido. O que foi un feito histórico por ser o primeiro trasatlántico luxoso en cruzar o Atlántico, pasaría a historia porque catro días máis tarde chocaría cun iceberg.
A colisión co iceberg tivo lugar pouco antes das 12 da noite do 14 de abril de 1912 nas xélidas augas do Atlántico Norte, e a pesares de que os seus construtores dicían que o buque era indestructible , non o equiparon para tal emerxencia, e non contaba con botes e salvavidas suficientes para todos os tripulantes.
Dúas horas máis tarde, o 15 de abril de 1912 o barco sumerxiuse nas augas do Atlántico deixando a máis de 1.500 persoas sen vida e 700 supervivintes.
100 anos despois o Titanic está na actualidade do noso planeta. Hai  pouco inagurouse un espectacular centro interactivo situado xunto aos astilleiros onde se construíu , o "Belfast Titanic" .A sua fachada ten forma de catro proas, todas da mesma altura que o verdadeiro Titanic, no seu interior o visitante pode iniciar unha emocionante viaxe polas nove galerías de interpretación que explican a historia do mítico trasatlántico, con réplicas dos camerinos de primeira, segunda e terceira clase e da mesma escaleira onde o actor Leonardo di Caprio esperou a actriz Kate Winslet na famosa película do director James Cameron "Titanic".





No hay comentarios:

Publicar un comentario