lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ: "Nobel da Paz"

O Premio Nobel Da paz é uns dos cinco premios nobeis que foron instituidos polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Este premio concédese á persoa que teña traballado máis e mellor a favor da fraternidade entre nacións, a abolición ou redución dos exércitos existentes e a celebración e promoción do proceso de paz.

GRANDES PERSONAXES POLA PAZ:
  O primeiro en recibilo foi Frédéric Passy en 1901, pasando por Martin Luther King en 1964, Teresa de Calcuta en 1979, o Dalai Lama en 1989, Mandela en 1993, Obama en 2009  ata o último en 2011 compartido por tres mulleres: Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakkul Karman.

FRASES CÉLEBRES SOBRE A PAZ:

*Einstein: " Cando me preguntaron sobre un arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu       suxerín a mellor de todas: A PAZ".
*Teresa de Calcuta: " A paz comeza cun sorriso".
*Ghandi:" Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
*Isaac Asimov: " A violencia é o último recurso do incompetente".
*Juan PabloII: " A paz esixe catro condicións especiais : verdade, xustiza, amor e libertade".


martes, 24 de enero de 2012

Participa na elección da foto de cabeceira.

Necesitamos unha foto para que serva de cabeceira do blogue. A continuación presentámosvos as cinco fotos seleccionadas. Para VOTAR tedes unha enquisa na columna da dereita, nela aparecen os números que corresponden con cada foto.

IMPORTANTE: Só podedes votar por unha.

FOTO 1:


FOTO 2:


FOTO 3:



FOTO 4:



FOTO 5:

RESULTADO DA VOTACIÓN:

Unha vez rematada a enquisa, os resultados foron os seguintes:

*Total votos:25
  -FOTO 1: 12
  -FOTO 2: 6
  -FOTO 3: 1
  -FOTO 4: 1
  -FOTO 5: 1

  Polo tanto queda seleccionada como  foto de cabeceira do blogue de 3º ciclo a FOTO 1.

  GRAZAS POR PARTICIPAR!!




Xa estamos aquí!

O 3º ciclo do CEP  Carreira xa ten blogue!
Este blogue nace coa idea de favorecer a aprendizaxe e a vosa participación en todos os contidos que nel se publiquen.
Animádevos!!!! A vosa colaboración é fundamental.