sábado, 14 de abril de 2012

" O TITANIC "





Esta semana o barco máis famoso do mundo volve a ser noticia, o que ocorre é que hai 100 anos que o Titanic zarpou rumbo a Nova York . Foi o 10 de abril de 1912, dende o porto de Southampton en Reino Unido. O que foi un feito histórico por ser o primeiro trasatlántico luxoso en cruzar o Atlántico, pasaría a historia porque catro días máis tarde chocaría cun iceberg.
A colisión co iceberg tivo lugar pouco antes das 12 da noite do 14 de abril de 1912 nas xélidas augas do Atlántico Norte, e a pesares de que os seus construtores dicían que o buque era indestructible , non o equiparon para tal emerxencia, e non contaba con botes e salvavidas suficientes para todos os tripulantes.
Dúas horas máis tarde, o 15 de abril de 1912 o barco sumerxiuse nas augas do Atlántico deixando a máis de 1.500 persoas sen vida e 700 supervivintes.
100 anos despois o Titanic está na actualidade do noso planeta. Hai  pouco inagurouse un espectacular centro interactivo situado xunto aos astilleiros onde se construíu , o "Belfast Titanic" .A sua fachada ten forma de catro proas, todas da mesma altura que o verdadeiro Titanic, no seu interior o visitante pode iniciar unha emocionante viaxe polas nove galerías de interpretación que explican a historia do mítico trasatlántico, con réplicas dos camerinos de primeira, segunda e terceira clase e da mesma escaleira onde o actor Leonardo di Caprio esperou a actriz Kate Winslet na famosa película do director James Cameron "Titanic".





jueves, 29 de marzo de 2012

QUEN É ATLAS?

Seguro que sabes que é un ATLAS, pero non quen era ATLAS, pois os alumn@s de 6º do CEP CARREIRA vancho contar:

" Atlas era o fillo do titán Japeto e da ninfa Clímene e o irmán de Prometeo.Atlas loitou cos titáns na guerra contra as deidades olímpicas e, como perdeu, Zeus condenouno a cargar para sempre nas costas coa terra e o firmamento e nos seus ombros a gran columna que os separaba.

  Atlas era o pai das Hespérides, as ninfas que gardaban a árbore das mazás de ouro, e Hércules solicitoulle axuda , Hércules ofreceuse a asumir a carga de Atlas se este lle conseguía as mazás de ouro. Atlas aceptou de bo grao, pensando liberarse para sempre do seu peso. Unha vez Atlas volveu coas mazás, Hércules pediulle que o descargara por un momento do peso  para acomodarse unha almofada  nas costas, Atlas volveu  poñer a carga e entón Hércules escapou coas mazás.

  Como a figura de Atlas soportando o peso da Terra usábase nas portadas das primeiras coleccións de mapas, o seu nome acabou sendo aplicado a un volume de mapas.




martes, 13 de marzo de 2012

COÑECENDO A MURILLO

Como xa fixeran os alumnos  de 6º, os de 5º tamén traballaron na clase de plástica coa obra dun pintor, pero nesta ocasión non foi Brueghel senón Murillo; co seu cadro " El niño mendigo".


1ª fase: bibliografía:





  Bartolomé Estebán Murillo nació en Sevilla en 1617 y murió en 1682 en la misma ciudad.
  Es el pintor que mejor define el barroco español.Su obra es un reflejo de su carácter apacible y bondadoso, y de su vida tranquila y modesta .
  Es muy delicado y amable a la hora de tratar los asuntos, en los que predominan los de ambiente íntimo y familiar.


Sus obras más importantes son:

* Asuntos religiosos: Virgen con el niño, Sagrada familia, Llamada del pajarito.
* Tendencia realista: Niños comiendo melón y muchachas comiendo fruta.
* Excelentes retratos del medio local en que vivió.

2º fase: Observar o cadro :


3ª fase: Colorear o debuxo utilizando como modelo a lámina do cadro orixinal:


*Por último amosámosvos unhas fotografías dos nenos e nenas de 5º levando a cabo a actividade:


martes, 6 de marzo de 2012

COÑECENDO A BRUEGHEL

      Os alumnos de 6º de primaria levaron a cabo na clase de plástica unha actividade relacionada coa pintura de Brueghel, en concreto co cadro" JUEGO DE NIÑOS ". A actividade constou de varias fases:

      * Unha 1ª fase na que elaboraron unha breve biografía do pintor:


 

Pieter Brueghel (Países Bajos 1525 – Bruselas 1569 ) principal pintor holandés del siglo XVI . En la actualidad es considerado una de las grandes figuras de la historia de la pintura . Realizó sobre todo cuadros de paisajes y de escenas campesinas en los que , con un estilo inspirado en el Bosco , reflejó la vida cotidiana con realismo , abundancia de detalles y un gran talento narrativo .
Algunas de sus obras mas famosas son :

- CAZADORES EN LA NIEVE 
- LA VUELTA DEL GANADO
- LA PARÁBOLA DE LOS CIEGOS
- JUEGOS DE NIÑOS
- EL BANQUETE DE BODAS 


  * Nunha 2ª fase os alumnos observaron o cadro fixándose especialmente na cantidade de detalles e figuras que practican xogos e actividades de entretenemento:
   

   * Na 3ª fase que se chama "Coloreado Parcial " os alumnos completaron o cadro aplicándolle a mesma intensidade de cor ca do cadro real:

 
  •  Por último mostrámosvos unhas fotografías que recollen os momentos nos que os nosos rapaces levaron a cabo esta actividade:














     



jueves, 16 de febrero de 2012

martes, 7 de febrero de 2012

TAL DÍA COMO HOY...

CHARLES DICKENS( 7/02/1812- 9/06/1870):
  Famoso novelista inglés.En su obra destacaron las descripciones de gente y lugares, tanto reales com imaginarios.
  Entre sus obras destacan:
   -David Copperfield.
   -Oliver twist.
   -Nicholas Nickleby.
   -Cuento de navidad.
   -Bleak House.


lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ: "Nobel da Paz"

O Premio Nobel Da paz é uns dos cinco premios nobeis que foron instituidos polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Este premio concédese á persoa que teña traballado máis e mellor a favor da fraternidade entre nacións, a abolición ou redución dos exércitos existentes e a celebración e promoción do proceso de paz.

GRANDES PERSONAXES POLA PAZ:
  O primeiro en recibilo foi Frédéric Passy en 1901, pasando por Martin Luther King en 1964, Teresa de Calcuta en 1979, o Dalai Lama en 1989, Mandela en 1993, Obama en 2009  ata o último en 2011 compartido por tres mulleres: Ellen Johnson-Sirleaf, Leymah Gbowee e Tawakkul Karman.

FRASES CÉLEBRES SOBRE A PAZ:

*Einstein: " Cando me preguntaron sobre un arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu       suxerín a mellor de todas: A PAZ".
*Teresa de Calcuta: " A paz comeza cun sorriso".
*Ghandi:" Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
*Isaac Asimov: " A violencia é o último recurso do incompetente".
*Juan PabloII: " A paz esixe catro condicións especiais : verdade, xustiza, amor e libertade".


martes, 24 de enero de 2012

Participa na elección da foto de cabeceira.

Necesitamos unha foto para que serva de cabeceira do blogue. A continuación presentámosvos as cinco fotos seleccionadas. Para VOTAR tedes unha enquisa na columna da dereita, nela aparecen os números que corresponden con cada foto.

IMPORTANTE: Só podedes votar por unha.

FOTO 1:


FOTO 2:


FOTO 3:



FOTO 4:



FOTO 5:

RESULTADO DA VOTACIÓN:

Unha vez rematada a enquisa, os resultados foron os seguintes:

*Total votos:25
  -FOTO 1: 12
  -FOTO 2: 6
  -FOTO 3: 1
  -FOTO 4: 1
  -FOTO 5: 1

  Polo tanto queda seleccionada como  foto de cabeceira do blogue de 3º ciclo a FOTO 1.

  GRAZAS POR PARTICIPAR!!




Xa estamos aquí!

O 3º ciclo do CEP  Carreira xa ten blogue!
Este blogue nace coa idea de favorecer a aprendizaxe e a vosa participación en todos os contidos que nel se publiquen.
Animádevos!!!! A vosa colaboración é fundamental.