jueves, 29 de marzo de 2012

QUEN É ATLAS?

Seguro que sabes que é un ATLAS, pero non quen era ATLAS, pois os alumn@s de 6º do CEP CARREIRA vancho contar:

" Atlas era o fillo do titán Japeto e da ninfa Clímene e o irmán de Prometeo.Atlas loitou cos titáns na guerra contra as deidades olímpicas e, como perdeu, Zeus condenouno a cargar para sempre nas costas coa terra e o firmamento e nos seus ombros a gran columna que os separaba.

  Atlas era o pai das Hespérides, as ninfas que gardaban a árbore das mazás de ouro, e Hércules solicitoulle axuda , Hércules ofreceuse a asumir a carga de Atlas se este lle conseguía as mazás de ouro. Atlas aceptou de bo grao, pensando liberarse para sempre do seu peso. Unha vez Atlas volveu coas mazás, Hércules pediulle que o descargara por un momento do peso  para acomodarse unha almofada  nas costas, Atlas volveu  poñer a carga e entón Hércules escapou coas mazás.

  Como a figura de Atlas soportando o peso da Terra usábase nas portadas das primeiras coleccións de mapas, o seu nome acabou sendo aplicado a un volume de mapas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario